• Noticias 13.30 h | Venres, 20 de febreiro de 2026
    Feb 20 2026
    Estas son parte das prinicipais novas deste venres, 20 de febreiro, que recollemos en Noticias 13.30 h: - A Cámara de Comercio de Tui en aberto o prazo de presentación de propostas para a rehabilitación do edificio da antiga alfándega que suporá un investimento de preto de 1,7 millóns de euros - Tui prepárase para vivir unha fin de semana de Entroido co Desfile-Concurso e o Enterro do Bacallau. Deunos todos os detalles a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente - O IES Indalecio Pérez recoñecido co terceiro premio Innovagal polo seu proxecto "Escola de talento: Trax II" - Hoxe ás 19 h espectáculo de danza "O arcón de Noa" cona Cia Amarelo no Teatro Municipal - O martes comeza en Tui o Festival de Teatro Grecolatino con preto de mil alumnos e alumnas - O Club Kaiak Tudense vai participar con 40 paxeiros esta fin de semana no Campeonato Galego Xunta de Galicia K1/C1 5000 metros - O Club Piragüismo Penedo acode esta fin de semana á 1º Copa de España de Slalom Olímpico - Repasamos os encontros da fin de semana
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    29 Min.
  • Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Entroido e enterro do Bacallau
    Feb 20 2026
    Dobre cita festiva de Entroido esta fin de semana en Tui. Mañá sábado ás 17 h celébrase o Desfile Concurso e o domingo dende ás 19.30 h o Enterro do Bacallau. Con Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura coñecemos todos os detalles destas celebracións.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    5 Min.
  • Ent. Teresa Amado SEEC Galicia - Festival de Teatro Grecolatino
    Feb 20 2026
    Máis de 900 alumnas e alumnas de distintos institutos galegos van asistir o próximo martes no Teatro Municipal á representación de “Helena” de Eurípides, e “Cásina” de Plauto, dentro do Festival de Teatro Grecolatino. Teresa Amado, membro da organización da Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos, SEEC Galicia, explicaba as característricas deste festival, e porque Tui é unha das sedes onde se celebra.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    4 Min.
  • Noticias 13.30 h | Xoves, 19 de febreiro de 2026
    Feb 19 2026
    Estas son parte das novas que neste xoves, 19 de febreiro, recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui abordou co delegado do Goberno en Galicia a solicitude do Concello para optar ás axudas do programa do 2% Cultural para rehabilitar o Teatro Principal de Tui - A Compañía Amarelo presenta mañá no Teatro Municipal de Tui o espectáculo de danza "O arcón de Noa" - Até o 27 deste mes pódese vistiar a exposición "Acuarelas" de José Jesús Blanco Pérez na Sala Municipal de Exposicións - O Punto Limpo Móbil do Concello de Tui está esta semana en Randufe - Aberta a inscrición para a Eurocidade BTT que ten até este domingo prezo especial ..
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    25 Min.
  • Noticias 13.30 h | Mércores, 18 de febreiro de 2026
    Feb 18 2026
    Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h neste mércores, 18 de febreiro de 2026: - Por labores de pintado mañá non se poderá estacionar en varios tramos da rúa Maristas - O Concello de Tui solicitou ante os organismos competentes a declaración de ilexitimidade e nulidade dos xuízos e sancións ditados por motivos políticos, ideolóxicos, ou de conciencia durante a ditadura a 137 persoas naturais de Tui - A Consellería de Educación sinala sobre a reforma integral do CEIP de Pazos de Reis que “a Xunta reitera o seu compromiso con esta intervención, que figura na programación do Plan de nova arquitectura pedagóxica 2025-2028” - A execución do tramo da AG-42 entre o parque empresarial de Areas e a Po-350 avanza a bo ritmo segundo os deputados populares Moisés Rodríguez e Julio García Comesaña que visitaron as obras - A compañía Amarelo presenta este venres "O Arcón de Noa" no Teatro Municipal de Tui - Hoxe é festivo local en Valença, que celebra a festividade de San Teotonio - ...
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    30 Min.
  • Ent. Sonsole Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Aprazado para o sábado o Desfile-Concurso de Entroido en Tui
    Feb 16 2026
    O Desfile-concurso de Entroido en Tui aprázase para este sábado 21 de febreiro ás 17 h. Así o confirmou en Noticias 13.30 h a concelleira de Cultura Sonsoles Vicente.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    4 Min.
  • Noticias 13.30 h | Luns, 16 de febreiro de 2026
    Feb 16 2026
    Estas son as prinicipais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui apraza o seu desfile-concurso de Entroido para o sábado 21 - Completamos con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, a rolda de entrevistas tras o pleno ordinario de xaneiro - A Cámara de Comercio saca a licitación a obra do edificio da Avenida de Portugal. O xoves haberá unha visita ao inmoble para as empresas interesadas - Hoxe luns 16 abre o prazo de presentación de solicitudes para a montaxe de postos e atraccións nas festas de San Telmo 2026 - A administración electrónica, os certificados dixitais, a banca en liña e BIZUM, ou dar a coñecer o teu negocio centrarán en marzo as Xornadas Formativas no Centro Municipal de Formación e Emprego do Concello de Tui - Repasamos as celebracións do Entroido 2026 - O padeeiro do Club Kaiak Tudense, Oscar Graña, foi galardonado co Loureiro Olímpico polo Comité Olímpico Español (COE). - Pedro Areal Abreu, padexeiro tudense, recibiu o premio Lenda Masculina 2025 na Gala Nacional de Piragüismo -...
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    32 Min.
  • Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda pleno xaneiro
    Feb 16 2026
    Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal tras o pleno ordinario do mes de xaneiro.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    29 Min.