Informativos Titelbild

Informativos

Informativos

Von: Radio Municipal de Tui
Jetzt kostenlos hören, ohne Abo

Über diesen Titel

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.© 2026 Radio Municipal de Tui Politik & Regierungen
  • Noticias 13.30 h | Venres, 20 de febreiro de 2026
    Feb 20 2026
    Estas son parte das prinicipais novas deste venres, 20 de febreiro, que recollemos en Noticias 13.30 h: - A Cámara de Comercio de Tui en aberto o prazo de presentación de propostas para a rehabilitación do edificio da antiga alfándega que suporá un investimento de preto de 1,7 millóns de euros - Tui prepárase para vivir unha fin de semana de Entroido co Desfile-Concurso e o Enterro do Bacallau. Deunos todos os detalles a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente - O IES Indalecio Pérez recoñecido co terceiro premio Innovagal polo seu proxecto "Escola de talento: Trax II" - Hoxe ás 19 h espectáculo de danza "O arcón de Noa" cona Cia Amarelo no Teatro Municipal - O martes comeza en Tui o Festival de Teatro Grecolatino con preto de mil alumnos e alumnas - O Club Kaiak Tudense vai participar con 40 paxeiros esta fin de semana no Campeonato Galego Xunta de Galicia K1/C1 5000 metros - O Club Piragüismo Penedo acode esta fin de semana á 1º Copa de España de Slalom Olímpico - Repasamos os encontros da fin de semana
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    29 Min.
  • Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Entroido e enterro do Bacallau
    Feb 20 2026
    Dobre cita festiva de Entroido esta fin de semana en Tui. Mañá sábado ás 17 h celébrase o Desfile Concurso e o domingo dende ás 19.30 h o Enterro do Bacallau. Con Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura coñecemos todos os detalles destas celebracións.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    5 Min.
  • Ent. Teresa Amado SEEC Galicia - Festival de Teatro Grecolatino
    Feb 20 2026
    Máis de 900 alumnas e alumnas de distintos institutos galegos van asistir o próximo martes no Teatro Municipal á representación de “Helena” de Eurípides, e “Cásina” de Plauto, dentro do Festival de Teatro Grecolatino. Teresa Amado, membro da organización da Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos, SEEC Galicia, explicaba as característricas deste festival, e porque Tui é unha das sedes onde se celebra.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    4 Min.
Noch keine Rezensionen vorhanden