Sons de Nós con Familia caamagno 3 de outubro de 2025 Titelbild

Sons de Nós con Familia caamagno 3 de outubro de 2025

Sons de Nós con Familia caamagno 3 de outubro de 2025

Jetzt kostenlos hören, ohne Abo

Details anzeigen
ZEITLICH BEGRENZTES ANGEBOT. Nur 0,99 € pro Monat für die ersten 3 Monate. 3 Monate für 0,99 €/Monat, danach 9,95 €/Monat. Bedingungen gelten. Jetzt starten.

Über diesen Titel

Os seus tentáculos musicais abranguen do garaxe ao power-pop ou o rock&roll, pero o que seguramente mellor os define é a diversión, niso son unha familia moi unida, son a Familia Caamagno. O listado dos Caamagno empeza por Toni, na batería e os coros, Lano na guitarra, Francesco, guitarra e coros, Jess tamén na guitarra e Manuele Caamagno que pon a voz e o saxofón a este proxecto. A súa andaina comeza no ano 2011 e moi pronto, editan o seu dous primeiros traballos musicais, un EP homónimo con 6 cancións e un dobre sinxelo de panxoliñas para amenizar aquel nadal do 2012. A partir daquí xa forman parte do estrelato do mundo musical galego. Con tres EP´s editados, “Familia Caamagno” 2012, tamén neste ano “Cantan polo nadal!”, en 2014 “Hai que andar cos tempos” e “Para unha vez que saímos” no 2016, e dous Longa duración “Había que intentalo” 2019 e “Ou mundo está derrotado”2022, esta atípica familia ten case listo o novo traballo do que xa nos teñen presentado “ Milagre económico”. “Un milagre está por ocorrer”, asegúranos o colectivo Caamagno con rotundidade, en Sons de Nós concordamos, e non é outro que a continuidade na diversión, o humor, a ironía e, por suposto a crítica máis aceda desta peculiar familia. Na conversa que hoxe vos ofrecemos acompáñanos Manu Tarrío, voz da banda, que atendeu a Sons de Nós no marco do Felicia Pop.
Noch keine Rezensionen vorhanden