• Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo e Julio Conde Montero, do Club de Kung Fu Disom Tui | Recentes logros deportivos
    Feb 20 2026
    Eduardo Méndez Sanjurjo vén de lograr o máximo recoñecemento a nivel europeo en kung fu, o grao de cinturón vermello-negro 9º nivel; e Julio Conde Montero conseguiu o cinturón negro-vermello 8º nivel. Ambos deportistas do Club de Kung Fu Disom Tui. Con ambos conversamos esta mañá sobre este fito deportivo, as súas vidas ligadas a este deporte e sobre os próximos obxectivos.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    12 Min.
  • Ent. Rossana Fossatti, especialista en PsicoAstroloxía e maestra de Ioga | Taller vivencial no Liceo Casino
    Feb 20 2026
    "Actualización vital: recupera o teu poder e entusiasmo" é o taller que impartirá Rossana Fossatti. especialista en PsicoAstroloxía e maestra de Ioga, no Liceo Casino de Tui. Será en horario de 11 h a 13.30 h os sábados 28 de febreiro, 7 e 14 de marzo. Toda a información e a inscrición pode realizarse no Liceo Casino de Tui. Coñecemos máis detalles hoxe con Rossana Fossatti.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    7 Min.
  • Ent. Antón Fonseca, presidente da Cámara de Comercio de Tui | Rehabilitación do edificio da antiga alfándega
    Feb 20 2026
    Arestora está aberto o prazo de presentación de propostas para executar as obras de rehabilitación integral do edificio da antiga alfándega na Avenida de Portugal. A Cámara de Comercio de Tui investirá nesta actuación case 1,7 millóns de euros. Así o explicaba o seu presidente Antón Fonseca quen agarda que estea rematado en xullo de 2027. No mesmo, tras as obras, ubicarase a sede da Cámara de Comercio e o Viveiro 4.0 Miño Dixital.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    8 Min.
  • Ent. Martín Blanco, codirector e actor da compañía Amarelo | "O arcón de Noa"
    Feb 19 2026
    Mañá venres ás 19 h o Teatro Municipal acolle "O arcón de Noa", un espectáculo de danza e comedia para público familiar, que presenta a compañía Amarelo. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€. Hoxe deu os detalles deste espectáculo o codirector e actor Martín Blanco.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    4 Min.
  • Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | Entroido 2026
    Feb 18 2026
    A Guarda celebra este venres 20 os seus dous desfiles de Entroido, e o sábado a cita será cunha festa dj a partir das 22 h. Deu hoxe os detalles do Entroido 2026 o alcalde da Guarda, Roberto Carrero.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    3 Min.
  • Raíces e vangarda | Filloas, chulas e orellas
    Feb 16 2026
    Nesta semana de Entroido centramos o programa Raíces e vangarda en doces desta data. Hoxe o chef Judicael Romero deu a receita das filloas, chulas de cabaza e orellas.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    11 Min.
  • Ent. Loli Castiñeira, Alex Rodríguez, Marcos Troncoso e Daniel Rodríguez | Entroido de Salceda de Caselas 2026
    Feb 13 2026
    Máis de 3.000 persoas participan cada ano nos desfiles de Entroido que acolle Salceda de Caselas. O enfrontamento centenario entre os barrios da Feira e Castro Barreiro é un dos elementos diferenciadores desta festa, así como o rancho e os cabaleiros. Hoxe coñecemos toda a programación deste 2026 coa alcaldesa, Loli Castiñeira; co concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez; co representante do barrio da Feira, Marcos Troncoso; e do Castro Barreiro, Daniel Rodríguez.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    10 Min.
  • Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e Manolo Arman da Comisión de Festas de Novás - Entroido 2026
    Feb 13 2026
    O Concello do Rosal apraza para o domingo 1 de marzo o seu Desfile-concurso de Entroido, debido á previsión de choiva para este domingo 15. Así o confirmaba hoxe a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández. Destacaba a rexedora os entroidos tradicionais de Novás e Fornelos. E precisamente con Manolo Arman da Comisión de Festas de Novás coñecemos a programación prevista que comeza coa subida do maio. Nos dous barrios luns e martes non faltarán as corridas do galo e as frixidelas. Hoxe non foi posible falar coa comisión de Festas de Fornelos.
    Mehr anzeigen Weniger anzeigen
    7 Min.